1/2/08

Celebración do Entroido 2008

Tras dúas cortas semanas de preparación, o pasado venres día 1 de febreiro, celebrouse a festa do Entroido. Houbo moita xente disfrada: comparsas, individuais, algunha profesora... O concurso de comparsas foi gañado polo grupo de 2º de bacharelato A coa comparsa titulada "Alumnas e profesores". En segundo lugar, con "Anxos e sex-boom" quedou o grupo de 3º da ESO A. E como terceira mellor comparsa quedou a "Orquestra" de 1º de bacharelato A. Como Raiña do Entroido foi proclamada Graciela (Ciclo Medio) e como Rei Carlos (1º Bacharelato A). Todos os premiados recibiron un merecido agasallo consistente nun diploma e.... chorizos, grelos, pan, lacón...

Antes da entrega de premios aos mellores disfraces e comparsas o Equipo de Normalización Lingüística tamén entregou os seus premios correspondentes ao concurso de peperetadas típicas do entroido galego.

Tras os premios, e coa inestimable colaboración da Asociación de Nais e Pais (MOITÍSIMAS GRAZAS) repartíronse orellas, rosquillas, biscoito, filloas... para todos os presentes.

Como peche da festa houbo un concerto de música rock. Tremenda actuación. Parabéns.