9/6/08

O alumnado e as video-conferencias


O alumando de 3º A da ESO realizou, o pasado 26 de maio, unha visita ao Tele-centro de Abegondo. Alí coñeceron o seu funcionamento e puideron manter unha videoconferencia con outros rapaces e rapazas da mesma ideade de Vigo. Tamén participaron nun concurso elaborando un blog sobre a súa zona de residencia.


A visita estivo organizada pola Consellería de Educación en colabroación co Consorcio Audiovisual Galego.


No centro a coordinación fíxose desde o Departamento de Debuxo.

1/2/08

Celebración do Entroido 2008

Tras dúas cortas semanas de preparación, o pasado venres día 1 de febreiro, celebrouse a festa do Entroido. Houbo moita xente disfrada: comparsas, individuais, algunha profesora... O concurso de comparsas foi gañado polo grupo de 2º de bacharelato A coa comparsa titulada "Alumnas e profesores". En segundo lugar, con "Anxos e sex-boom" quedou o grupo de 3º da ESO A. E como terceira mellor comparsa quedou a "Orquestra" de 1º de bacharelato A. Como Raiña do Entroido foi proclamada Graciela (Ciclo Medio) e como Rei Carlos (1º Bacharelato A). Todos os premiados recibiron un merecido agasallo consistente nun diploma e.... chorizos, grelos, pan, lacón...

Antes da entrega de premios aos mellores disfraces e comparsas o Equipo de Normalización Lingüística tamén entregou os seus premios correspondentes ao concurso de peperetadas típicas do entroido galego.

Tras os premios, e coa inestimable colaboración da Asociación de Nais e Pais (MOITÍSIMAS GRAZAS) repartíronse orellas, rosquillas, biscoito, filloas... para todos os presentes.

Como peche da festa houbo un concerto de música rock. Tremenda actuación. Parabéns.

26/1/08

Visita á exposición: "Picasso laboratorio de estilos: retratos femininos"

Os pasados días 23 e 24 de xaneiro o alumnado de 4º e 2º da ESO, acampañado polo profesorado de Xeografía e Historia, visitaron a exposición ”Picasso: laboratorio de estilos: retratos femininos" na Fundación Barrié de la Maza.

Coa axuda de varios guías (fantástico traballo) o alumnado achegouse á particular visión da arte do xenial Picasso grazas aos 57 retratos de mulleres. O traballo dos guías foi fundamental para
- coñecer o paso de Picasso pola Coruña, onde desenvolve os seus primeiros traballos académicos amosando o dominio do debuxo (¡mesmo chegou a pintar unha Torre de Hércules!),
-comprender a importancia do cubismo na arte e como Picasso asumía a ausencia da profundidade nos lenzo amosando diferentes puntos de vista sobre unha superficie plana.
-valorar as ligazóns entre a arte de Picasso e as súas relacións coas as mulleres que formaron parte da súa vida.

Tras a visita guiada á exposición, o alumnado participou nun obradoiro activo tratando de reflectir o mundo picassiano sobre unha cabeza de maniquí. O resultado é estupendo. Parabéns polo traballo.


Create Your Own