22/12/07

CIRCULAR ORDINARIA Nº 2. CURSO 2007-2008.

Estimadas familias:
Desexamos e agardamos que disfruten unhas moi Felices Festas de Nadal e Aninovo e que o ano 2008 se cumpran os bos desexos de todos .

CALENDARIO DE FIN DE TRIMESTRE E VACACIÓNS
Data de entrega das cualificacións: venres 21 de decembro.
Último día do trimestre: venres 21 de decembro, en horario habitual.
Período de vacacións de Nadal:
Desde o día 22 de decembro de 2007 ata o día 7 de xaneiro de 2008, ambos os dous inclusive.

AS CUALIFICACIÓNS.
Data de devolución das cualificacións: 1ª semana de clases, en xaneiro.
Deberán devolverse a titor/a asinados por pai/nai/responsable de alumn@.
En caso de dúbida de calquera tipo deberán dirixirse a titor/a correspondente, solicitando cita previa a través do teláfono ou @ alumn@.
O boletín de cualificacións é un documento asinado por titor/a que en algúns casos levará anotacións particulares referentes a cada alumn@. Asimesmo, poden aparecer as faltas xustificadas ou non de cada alumn@, para recordo e comprobación das familias.

AS TITORÍAS
Son un elemento importantísimo para o seguimento da marcha académica e persoal do alumnado.
De observarse por parte das familias calquera baixada de notas anormal, ou , polo contrario, xustificada por circunstancias persoais ou familiares que quizás deberían ser tidas en conta, deberían poñerse en contacto con titor/a d@s alumn@s.
A información fluída en ambos sentidos , entre o centro e as familias, beneficia a todos.

NECESIDADES EDUCATIVAS: PROGRAMA PROA.
Está a desenvolverse este curso 2007-2008 un programa da Consellería de Educación adicado a reforzar as aprendizaxes de alumnado con necesidades educativas, que foi seleccionado en función das súas características e disponibilidade. As actividades están a desenvolverse as tardes de luns e mércores con profesorado específico.
2º TRIMESTRE.
Este 2º trimestre do curso 2007-2008 vai ser moi breve, en función das datas nas que cae a Semana Santa
Entroido: días 4 e 5 de febreiro de 2008.
Ademais, o 6 de febreiro, Mércores de Cinza, día non lectivo solicitado polo IES.
Semana Santa: desde o día 17 ao 24 de marzo de 2008, ambos os dous inclusive.
As seguintes avaliacións e entrega de cualificacións produciranse inmediatamente antes das vacacións de Semana Santa.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PREVISTAS-2º TRIMESTRE
En función do anterior vanse desenvolver un número reducido de actividades:
-Visita a Sotavento (Monfero), 3º de ESO. Departamento de Tecnoloxía.
-Teatro no Forum, 4º de ESO. Departamento de Lingua Castelá.
-En colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, charlas de concienciación
-"Te puede pasar”, 1º de ESO. Vicedirección.

EXAMES DE RECUPERACIÓN PARA PENDENTES do 2º TRIMESTRE:
Publicación nas cortizas e na circular entregada ao alumnado.

OUTRAS ACTIVIDADES
Habitualmente viñan desenvolvéndose en cursos pasados, financiadas polo Concello de Cambre, varios Talleres, con grande demanda do alumnado e valoración das actividades. Neste, houbo cambios en políticas do propio Concello, e estamos pendentes de poder levalos a cabo. Durante o segundo trimestre se comunicarían as novidades ao respecto.

Actividades complementarias do 1º Trimestre

Ao longo de primeiro trimestres desenvolvéronse as seguintes actividades complementarias:

-Exposición no recibidor de “Cambre” e “Galicia conserva a natureza”
-Teatro “Quero ser grande” (4º ESO e 3º D.C.)
-Concurso en inglés (1º ESO)
-Exhibición de baile contemporáneo (1º Bacharelato)
-Visita a Lugo (alumnado de Relixión)
-Visita ás instalacións do INEF-Galicia (1º Bacharelato)
-Charla e actividades sobre o Patrimonio (2º ESO)
-Sendeirismo por Betanzos e Coirós (3º ESO); e polas Fragas do Eume (4º ESO)
-Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia (4º ESO e 1º Bacharelato)
-Charla sobre o Día Internacional da Discapacidade (1º ESO)
-Charla sobre prevención de drogodependencias (2º e 3º ESO) en colaboración con RETO
-Charla “Te puede pasar a ti” sobre prevención de accidentes de tráfico (1º ESO A e B) en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico.
-Visita ao Parque Acuaciencia e Belén da Orde Terceira en Ferrol (2º ESO)
-Visita ao certame de Pinura de Cambre. 4º ESO e Bacharelato
-Visita ao certame de Pintura de Cambre, a Igrexa de Santa María e Museo Arqueolóxico (alumando de Hª da Arte).