1/6/07
Antón Paz no IES
O venres 1 de xuño o medallista olímpico Antón Paz (campión do mundo, de Europa e de España en repetidas ocasións)estivo no salón de actos do centro compartindo co alumnado de 1º da ESO a súa paixón pola vela. As abundantes anécdotas contadas engancharon de tal xeito ao alumnado que foi difícil dar por remtada a charla. Tras unha breve intervención de Antón Paz, o alumnado preguntou insistentemente sobre todo tipo de cuestións, desde as carácter técnico, as culinarias ou outras máis prosaicas.
Grazas Antón.
Promoción do Remo
Durante os últimos días de maio e os primeiros de xuño, membros do Clube de Remo de Perillo, estiveron nas nosas instalacións, fomentando a práctica deste deporte, nunhas xornadas organizadas polo Departamento de Educación Física. Todo o alumnado da ESO participante nesta actividade amosou un enorme interese por coñecer polo míudo as características desta práctica deportiva.
Festa de Graduación de Bacharelato
O pasado xoves, 24 de maio, desenvolveuse no salón de actos do centro a festa de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato. Contamos coa presencia do alumnado e das súas familias así como coa do alcalde, Antonio Valera, do Concelleiro da Área de Benestar, Xabier Iglesias, e da do presidente da ANPA Castelao, Gabriel Pacín.
Tras os discursos de despedida, nos que destacou o pronunciado por dúas alumnas, o alumnado de música deleitou aos asistentes cun pequeno concerto para, posteriormente, compartir un pequeno refrixerio.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)