28/4/07

Remataron as obras na fachada



Tras varios meses de obras, por fin remataron as obras de mellora da fachada. Deste xeito o noso IES, tanto por dentro como por fóra, está impecable.

25/4/07

EXAMES DE PENDENTES

ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES DE CURSO/S ANTERIOR/ES.
EXAMES: 1ª SEMANA DE MAIO
Aqueles departamentos que así o organizaron, levarán a cabo o 2º exame parcial entre o 10 e 20 de abril.
Todo o alumnado poderá presentarse ao exame extraordinario do mes de maio, segundo o calendario que segue:


MÉRCORES, 2 DE MAIO.
Xeografía e Historia
Matemáticas
Bioloxía e Xeoloxía
Latín
Grego
Tecnoloxía

XOVES, 3 DE MAIO
Plástica
Física e Química
Francés
Lingua Castelá
Economía
Relixión

VENRES, 4 DE MAIO
Música
Lingua Galega
Inglés
Educación Física

Debemos recordar a importancia de preparar e presentarse a estes exames de pendentes, xa que se acumularían ás materias do curso ordinario aos efectos de promoción.

Circular informativa nº 3 Marzo 2007

CIRCULAR ORDINARIA Nº 3.MARZO. CURSO ESCOLAR 2006-2007.

Estimadas familias:
De novo, poñémonos en contacto con Vdes. a fin de comunicarlles as novidades para o 3º trimestre do curso, que comezá á volta das vacacións de Semana Santa. Agardamos que lles resulten de utilidade, e recordámoslles que, no propio centro, lles resolveremos as cuestións que se lles presenten en relación con calquera aspecto da marcha académica e persoal do noso alumnado.

CUALIFICACIÓNS DO 2º TRIMESTRE.
Data de entrega dos boletíns de cualificacións: venres 30 de marzo de 2007.
Data de devolución dos comprobantes, asinados polas familias, a titores/titoras: do 10 ao 13 de abril de 2007.
Datas das vacacións de Semana Santa: do luns 2 de abril ao luns 9 de abril, ambos incluidos.

NOVIDADES LEXISLATIVAS. CONVOCATORIAS.
Orde do 23 de febreiro de 2007 pola que se establecen as bases que rexen as axudas ao alumnado de niveis non universitarios para a adquisición dun ordenador persoal durante o ano 2007. Información en: www.edu.xunta.es/axudasord
Orde do 1 de marzo de 2007 pola que se convocan axudas dirixidas ao alumnado de educación secundaria obrigatoria para realizar actividades de inmersión lingüística no estranxeiro (DOG 13 de marzo de 2007).Data de solicitude:ata o 14 de abril. Información en: www.edu.xunta.es/axudasle
Orde do 1 de marzo de 2007 pola que se convocan axudas dirixidas ao alumnado de bacharelato para realizar actividades de inmersión lingüística no estranxeiro (DOG de 13 de marzo de 2007). Data de solicitude: ata o 14 de abril. Información en: www.edu.xunta.es/axudasle

NOVIDADES LEXISLATIVAS: ADMISIÓN, MATRÍCULA.
Entra en vigor a:
Orde do 17 de marzo pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG de 19 de marzo).
Establécense unha serie de modificacións no sistema e prazos de admisión e matrícula., que para o curso académico 2007-2008, son os seguintes:
Alumnado de nova incorporación
a) Reserva de praza no centro de adscrición: do 19 de marzo ao 30 de marzo.
CEIP adscritos a este IES: Graxal, Portofaro e Wenceslao Fernández Flórez.
Servizos complementarios que ofrecemos: transporte escolar gratuito para ESO.
b) Sorteo público(en caso necesario): 30 de marzo
c) Publicación de vacantes: 10 de abril.
d) Presentación de solicitudes de alumnado procedente de centros non adscritos): do 10 ao 30 de abril.
Recórdase que só se pode presentar unha única solicitude no centro que se solicite en 1º lugar e que de incumprirse esta norma a solicitude sería ineficaz.
e) Presentación de documentación acreditativa dos criterios de admisión: do 2 de maio ao 18 de maio.
f) Publicación das listases provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 31 de maio.
Todo o alumnado.
Prazos de formalización de Matrícula:
1. Do 25 de xuño ao 10 de xullo para o alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.
2. Prazo extraordinario do 1 ao 10 de setembro para alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.
IMPORTANTE: Se finalizado o prazo de matrícula , non se formalizase esta, decaerá o dereito á praza obtida.

*Mais información nos taboleiros do IES, administración e a través dos teléfonos do centro.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS A DESENVOLVER NO 3º TRIMESTRE
- Viaxe de fin de etapa a Mallorca . do alumnado de 4º de ESO, onde se combinarán os aspectos formativos e culturais, lúdicos e de convivencia. Actividade a desenvolver entre os días10 e 16 de abril por 47 alumnos e alumnas acompañados de 3 profesores e profesoras.
O resto do alumnado de 4º de ESO continuará a desenvolver as actividades ordinarias.
-Viaxe de inmersión lingüística e cultural a París . Actividade a desenvolver entre os días 16 e 21 de maio por 29 alumnos e alumnas de lingua francesa, acompañados de 3 profesoras.
-Dentro do programa Comenius de “Rutas turísticas” que estamos a desenvolver, están previstas dúas viaxes, nas que 3 profesores/as e 2 alumnos/as visitarán os centros colaboradores de Dinamarca e Hungría (Budapest).

OUTRAS NOVAS:
O alumnado de Ciclo Superior de Administración e Finanzas deste IES vai incorporarse neste 3º trimestre ás empresas respectivas para a realización das correspondentes Prácticas en Empresa.