22/12/07

CIRCULAR ORDINARIA Nº 2. CURSO 2007-2008.

Estimadas familias:
Desexamos e agardamos que disfruten unhas moi Felices Festas de Nadal e Aninovo e que o ano 2008 se cumpran os bos desexos de todos .

CALENDARIO DE FIN DE TRIMESTRE E VACACIÓNS
Data de entrega das cualificacións: venres 21 de decembro.
Último día do trimestre: venres 21 de decembro, en horario habitual.
Período de vacacións de Nadal:
Desde o día 22 de decembro de 2007 ata o día 7 de xaneiro de 2008, ambos os dous inclusive.

AS CUALIFICACIÓNS.
Data de devolución das cualificacións: 1ª semana de clases, en xaneiro.
Deberán devolverse a titor/a asinados por pai/nai/responsable de alumn@.
En caso de dúbida de calquera tipo deberán dirixirse a titor/a correspondente, solicitando cita previa a través do teláfono ou @ alumn@.
O boletín de cualificacións é un documento asinado por titor/a que en algúns casos levará anotacións particulares referentes a cada alumn@. Asimesmo, poden aparecer as faltas xustificadas ou non de cada alumn@, para recordo e comprobación das familias.

AS TITORÍAS
Son un elemento importantísimo para o seguimento da marcha académica e persoal do alumnado.
De observarse por parte das familias calquera baixada de notas anormal, ou , polo contrario, xustificada por circunstancias persoais ou familiares que quizás deberían ser tidas en conta, deberían poñerse en contacto con titor/a d@s alumn@s.
A información fluída en ambos sentidos , entre o centro e as familias, beneficia a todos.

NECESIDADES EDUCATIVAS: PROGRAMA PROA.
Está a desenvolverse este curso 2007-2008 un programa da Consellería de Educación adicado a reforzar as aprendizaxes de alumnado con necesidades educativas, que foi seleccionado en función das súas características e disponibilidade. As actividades están a desenvolverse as tardes de luns e mércores con profesorado específico.
2º TRIMESTRE.
Este 2º trimestre do curso 2007-2008 vai ser moi breve, en función das datas nas que cae a Semana Santa
Entroido: días 4 e 5 de febreiro de 2008.
Ademais, o 6 de febreiro, Mércores de Cinza, día non lectivo solicitado polo IES.
Semana Santa: desde o día 17 ao 24 de marzo de 2008, ambos os dous inclusive.
As seguintes avaliacións e entrega de cualificacións produciranse inmediatamente antes das vacacións de Semana Santa.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PREVISTAS-2º TRIMESTRE
En función do anterior vanse desenvolver un número reducido de actividades:
-Visita a Sotavento (Monfero), 3º de ESO. Departamento de Tecnoloxía.
-Teatro no Forum, 4º de ESO. Departamento de Lingua Castelá.
-En colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, charlas de concienciación
-"Te puede pasar”, 1º de ESO. Vicedirección.

EXAMES DE RECUPERACIÓN PARA PENDENTES do 2º TRIMESTRE:
Publicación nas cortizas e na circular entregada ao alumnado.

OUTRAS ACTIVIDADES
Habitualmente viñan desenvolvéndose en cursos pasados, financiadas polo Concello de Cambre, varios Talleres, con grande demanda do alumnado e valoración das actividades. Neste, houbo cambios en políticas do propio Concello, e estamos pendentes de poder levalos a cabo. Durante o segundo trimestre se comunicarían as novidades ao respecto.

Actividades complementarias do 1º Trimestre

Ao longo de primeiro trimestres desenvolvéronse as seguintes actividades complementarias:

-Exposición no recibidor de “Cambre” e “Galicia conserva a natureza”
-Teatro “Quero ser grande” (4º ESO e 3º D.C.)
-Concurso en inglés (1º ESO)
-Exhibición de baile contemporáneo (1º Bacharelato)
-Visita a Lugo (alumnado de Relixión)
-Visita ás instalacións do INEF-Galicia (1º Bacharelato)
-Charla e actividades sobre o Patrimonio (2º ESO)
-Sendeirismo por Betanzos e Coirós (3º ESO); e polas Fragas do Eume (4º ESO)
-Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia (4º ESO e 1º Bacharelato)
-Charla sobre o Día Internacional da Discapacidade (1º ESO)
-Charla sobre prevención de drogodependencias (2º e 3º ESO) en colaboración con RETO
-Charla “Te puede pasar a ti” sobre prevención de accidentes de tráfico (1º ESO A e B) en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico.
-Visita ao Parque Acuaciencia e Belén da Orde Terceira en Ferrol (2º ESO)
-Visita ao certame de Pinura de Cambre. 4º ESO e Bacharelato
-Visita ao certame de Pintura de Cambre, a Igrexa de Santa María e Museo Arqueolóxico (alumando de Hª da Arte).

4/11/07

Xa chegou o Samaín



O Equipo de Normalización Lingüística organizou o concurso do Samaín. Á vista dos resultados foi todo un éxito. Parabéns.

1/6/07

Antón Paz no IES



O venres 1 de xuño o medallista olímpico Antón Paz (campión do mundo, de Europa e de España en repetidas ocasións)estivo no salón de actos do centro compartindo co alumnado de 1º da ESO a súa paixón pola vela. As abundantes anécdotas contadas engancharon de tal xeito ao alumnado que foi difícil dar por remtada a charla. Tras unha breve intervención de Antón Paz, o alumnado preguntou insistentemente sobre todo tipo de cuestións, desde as carácter técnico, as culinarias ou outras máis prosaicas.

Grazas Antón.

Promoción do Remo



Durante os últimos días de maio e os primeiros de xuño, membros do Clube de Remo de Perillo, estiveron nas nosas instalacións, fomentando a práctica deste deporte, nunhas xornadas organizadas polo Departamento de Educación Física. Todo o alumnado da ESO participante nesta actividade amosou un enorme interese por coñecer polo míudo as características desta práctica deportiva.

Festa de Graduación de Bacharelato


O pasado xoves, 24 de maio, desenvolveuse no salón de actos do centro a festa de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato. Contamos coa presencia do alumnado e das súas familias así como coa do alcalde, Antonio Valera, do Concelleiro da Área de Benestar, Xabier Iglesias, e da do presidente da ANPA Castelao, Gabriel Pacín.

Tras os discursos de despedida, nos que destacou o pronunciado por dúas alumnas, o alumnado de música deleitou aos asistentes cun pequeno concerto para, posteriormente, compartir un pequeno refrixerio.

24/5/07

Seminario para a creación de empresas




Durante esta cuarta semana de maio desenvolveuse no IES, un "Seminario para a Difusión de creación de empresas", organizado polo Departamento Didáctico de Ciclos Administrativos e promovido por BIC-Galicia e o IGAPE (Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia), coa asistencia de alumnado e profesorado do propio instituto e do IES Miraflores de Oleiros.
O seminario constou de dúas partes, nunha primeira Noemí Iglesias, técnica de motivación e desarrollo de BIC-Galicia, expuso as condicións para crear unha empresa facendo fincapié nas características do empresariado galego, o desenvolvemento da idea e os recursos necesarios para levarla a cabo.
Posteriormente dous socios das empresas GENESAL (fábrica de xeneradores eléctricos) e A FRAGA ENCANTADA (escola infantil), expuseron as súas experiencias emprendedoras no concello de Cambre dende os seus inicios ata a súa próspera situación actual.

23/5/07

Estancia en París



Vintenove alumnos e alumnas do centro, acompañados por dúas profesoras do departamento de Francés, estiveron, entre os días 16 ao 21 de maio, en París.


Nunhas agotadoras xornadas visitaron os lugares, edificios e museos máis salientables da capital francesa.


Cun tempo atmosférico moi cambiante, de chuvias intensas a sol espléndido, o grupo do IES rematou as longas xornadas canso pero contento.


Novamente a organización do departamento de Francés e os resultados foron espléndidos.

16/5/07

O IES no Correlingua



Máis de 140 alumnos e alumnas participaron no Correlingua deste ano co lema"galegando".

Pódese salientar o éxito, a nivel dos medios de comunicación e da organización, da pancarta portada polo alumnado ("Aquí e agora, o galego mellora") e das nosas camisetas.

Novo blog da Biblioteca

A biblioteca do centro, dentro das súas actividades, acaba de facer público o seu blog.

http://biblioafonso.blogspot.com/

8/5/07

Regreso do grupo de Comenius de Dinamarca



Tal como se pode apreciar na ilustración publicada nun xornal de Dinamarca, un grupo de docentes e dúas alumnas do IES, estiveron uns días de finais de abril en Dinamarca, desenvolvendo unhas xornadas de traballo dentro do Proxecto Comenius "Rutas turísticas en diversas rexións de Europa". No proxecto tamén participan centros educativos daneses, húngaros, turcos e alemáns.

28/4/07

Remataron as obras na fachada



Tras varios meses de obras, por fin remataron as obras de mellora da fachada. Deste xeito o noso IES, tanto por dentro como por fóra, está impecable.

25/4/07

EXAMES DE PENDENTES

ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES DE CURSO/S ANTERIOR/ES.
EXAMES: 1ª SEMANA DE MAIO
Aqueles departamentos que así o organizaron, levarán a cabo o 2º exame parcial entre o 10 e 20 de abril.
Todo o alumnado poderá presentarse ao exame extraordinario do mes de maio, segundo o calendario que segue:


MÉRCORES, 2 DE MAIO.
Xeografía e Historia
Matemáticas
Bioloxía e Xeoloxía
Latín
Grego
Tecnoloxía

XOVES, 3 DE MAIO
Plástica
Física e Química
Francés
Lingua Castelá
Economía
Relixión

VENRES, 4 DE MAIO
Música
Lingua Galega
Inglés
Educación Física

Debemos recordar a importancia de preparar e presentarse a estes exames de pendentes, xa que se acumularían ás materias do curso ordinario aos efectos de promoción.

Circular informativa nº 3 Marzo 2007

CIRCULAR ORDINARIA Nº 3.MARZO. CURSO ESCOLAR 2006-2007.

Estimadas familias:
De novo, poñémonos en contacto con Vdes. a fin de comunicarlles as novidades para o 3º trimestre do curso, que comezá á volta das vacacións de Semana Santa. Agardamos que lles resulten de utilidade, e recordámoslles que, no propio centro, lles resolveremos as cuestións que se lles presenten en relación con calquera aspecto da marcha académica e persoal do noso alumnado.

CUALIFICACIÓNS DO 2º TRIMESTRE.
Data de entrega dos boletíns de cualificacións: venres 30 de marzo de 2007.
Data de devolución dos comprobantes, asinados polas familias, a titores/titoras: do 10 ao 13 de abril de 2007.
Datas das vacacións de Semana Santa: do luns 2 de abril ao luns 9 de abril, ambos incluidos.

NOVIDADES LEXISLATIVAS. CONVOCATORIAS.
Orde do 23 de febreiro de 2007 pola que se establecen as bases que rexen as axudas ao alumnado de niveis non universitarios para a adquisición dun ordenador persoal durante o ano 2007. Información en: www.edu.xunta.es/axudasord
Orde do 1 de marzo de 2007 pola que se convocan axudas dirixidas ao alumnado de educación secundaria obrigatoria para realizar actividades de inmersión lingüística no estranxeiro (DOG 13 de marzo de 2007).Data de solicitude:ata o 14 de abril. Información en: www.edu.xunta.es/axudasle
Orde do 1 de marzo de 2007 pola que se convocan axudas dirixidas ao alumnado de bacharelato para realizar actividades de inmersión lingüística no estranxeiro (DOG de 13 de marzo de 2007). Data de solicitude: ata o 14 de abril. Información en: www.edu.xunta.es/axudasle

NOVIDADES LEXISLATIVAS: ADMISIÓN, MATRÍCULA.
Entra en vigor a:
Orde do 17 de marzo pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG de 19 de marzo).
Establécense unha serie de modificacións no sistema e prazos de admisión e matrícula., que para o curso académico 2007-2008, son os seguintes:
Alumnado de nova incorporación
a) Reserva de praza no centro de adscrición: do 19 de marzo ao 30 de marzo.
CEIP adscritos a este IES: Graxal, Portofaro e Wenceslao Fernández Flórez.
Servizos complementarios que ofrecemos: transporte escolar gratuito para ESO.
b) Sorteo público(en caso necesario): 30 de marzo
c) Publicación de vacantes: 10 de abril.
d) Presentación de solicitudes de alumnado procedente de centros non adscritos): do 10 ao 30 de abril.
Recórdase que só se pode presentar unha única solicitude no centro que se solicite en 1º lugar e que de incumprirse esta norma a solicitude sería ineficaz.
e) Presentación de documentación acreditativa dos criterios de admisión: do 2 de maio ao 18 de maio.
f) Publicación das listases provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 31 de maio.
Todo o alumnado.
Prazos de formalización de Matrícula:
1. Do 25 de xuño ao 10 de xullo para o alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.
2. Prazo extraordinario do 1 ao 10 de setembro para alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.
IMPORTANTE: Se finalizado o prazo de matrícula , non se formalizase esta, decaerá o dereito á praza obtida.

*Mais información nos taboleiros do IES, administración e a través dos teléfonos do centro.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS A DESENVOLVER NO 3º TRIMESTRE
- Viaxe de fin de etapa a Mallorca . do alumnado de 4º de ESO, onde se combinarán os aspectos formativos e culturais, lúdicos e de convivencia. Actividade a desenvolver entre os días10 e 16 de abril por 47 alumnos e alumnas acompañados de 3 profesores e profesoras.
O resto do alumnado de 4º de ESO continuará a desenvolver as actividades ordinarias.
-Viaxe de inmersión lingüística e cultural a París . Actividade a desenvolver entre os días 16 e 21 de maio por 29 alumnos e alumnas de lingua francesa, acompañados de 3 profesoras.
-Dentro do programa Comenius de “Rutas turísticas” que estamos a desenvolver, están previstas dúas viaxes, nas que 3 profesores/as e 2 alumnos/as visitarán os centros colaboradores de Dinamarca e Hungría (Budapest).

OUTRAS NOVAS:
O alumnado de Ciclo Superior de Administración e Finanzas deste IES vai incorporarse neste 3º trimestre ás empresas respectivas para a realización das correspondentes Prácticas en Empresa.